miércoles, 21 de mayo de 2014

FOOD REVOLUTION DAY

O venres 16 de maio os nenos e nenas de 4ºA e 4º B participamos nunha actividade de forma simultánea xunto con outros países. O obxectivo de dita actividade era fomentar os hábitos alimenticios saudables, baseados nunha dieta rica e variada utilizando o inglés como lingua vehicular. A actividade foi un éxito e proba delo son algunhas das fotos que acompañan a esta entrada, tamén podedes ver un vídeo coa receta que fixemos por si vos animades a repetila na casa. Os nenos e as profes disfrutamos moitísimo!!!

viernes, 23 de noviembre de 2012

THANKSGIVING!

Todos os nenos e nenas do centro participaron na elaboración deste mural para coñecer a tradición de Thanksgiving.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Halloween 2012!

HAPPY HALLOWEEN! Chegou Halloween e no centro fixemos unha pequena celebración na que os nenos e nenas gozaron do espírito desta festa! Tamén podedes ver e seguir a bailar "The skeleton dance":

domingo, 10 de junio de 2012

AMERICAN LANDMARKS


 PRIMARIA
O traballo "American Landmarks" foi un traballo no que participaron a axudante de conversación destinada no CPI Plurilingüe Tomás de Lemos, Terese Schireson, o alumnado de 4º A de Primaria e o profesorado de inglés, para coñecer un chisco máis a cultura inglesa dos Estados Unidos de América.Terese presentou os landmarks básicos dos EUA e repartíronse en grupos de dous para elaborar mini posters en cartolina que xunto co mapa dos  EUA fíxose unha exposición no corredor do centro. 
Terese Schireson, ao longo do curso, tamén colaborou co alumnado e profesorado de Secundaria algunhas sesións; no apartado correspodente a ESO, e clicando no enlace está unha mostra dese traballo. 




AMERICAN LANDMARKS
E.S.O.
O traballo “American Landmarks “ foi un traballo colaborativo no que participaron a axudante de conversación destinada no CPI Plurilingüe Tomás de Lemos, Terese Schireson, o alumnado de secundaria, o profesorado tanto de inglés como doutras materias, e  o persoal non docente do centro. Cada persoa participante escolleu unha “landmark” e elaborou un miniposter ( en papel e en formato digital). Cos miniposters en formato papel realizouse unha exposición sobre un gran mapa dos EUA no corredor do centro. Alén diso,  vaise elaborar un
libro titulado “American Landmarks” en colaboración co Club de Lectura, de xeito que esté disponibel na bibioteca do centro. Asi mesmo, os posters en formato dixital estarán dispoñibeis na aula virtual e no blog do CPI.

https://docs.google.com/open?id=0B_97qTdpmfFUTjQxdHYwWV80UXM