A place where you can see some things to teach, and the students' works
miércoles, 21 de mayo de 2014
FOOD REVOLUTION DAY
O venres 16 de maio os nenos e nenas de 4ºA e 4º B participamos nunha actividade de forma simultánea xunto con outros países. O obxectivo de dita actividade era fomentar os hábitos alimenticios saudables, baseados nunha dieta rica e variada utilizando o inglés como lingua vehicular. A actividade foi un éxito e proba delo son algunhas das fotos que acompañan a esta entrada, tamén podedes ver un vídeo coa receta que fixemos por si vos animades a repetila na casa. Os nenos e as profes disfrutamos moitísimo!!!
viernes, 23 de noviembre de 2012
THANKSGIVING!
Todos os nenos e nenas do centro participaron na elaboración deste mural para coñecer a tradición de Thanksgiving.


miércoles, 21 de noviembre de 2012
Halloween 2012!
HAPPY HALLOWEEN! Chegou Halloween e no centro fixemos unha pequena celebración na que os nenos e nenas gozaron do espírito desta festa!
Tamén podedes ver e seguir a bailar "The skeleton dance":
domingo, 10 de junio de 2012
AMERICAN LANDMARKS
PRIMARIA
O traballo "American Landmarks" foi un traballo no que participaron a axudante de conversación destinada no CPI Plurilingüe Tomás de Lemos, Terese Schireson, o alumnado de 4º A de Primaria e o profesorado de inglés, para coñecer un chisco máis a cultura inglesa dos Estados Unidos de América.Terese presentou os landmarks básicos dos EUA e repartíronse en grupos de dous para elaborar mini posters en cartolina que xunto co mapa dos EUA fíxose unha exposición no corredor do centro.
Terese Schireson, ao longo do curso, tamén colaborou co alumnado e profesorado de Secundaria algunhas sesións; no apartado correspodente a ESO, e clicando no enlace está unha mostra dese traballo.
Terese Schireson, ao longo do curso, tamén colaborou co alumnado e profesorado de Secundaria algunhas sesións; no apartado correspodente a ESO, e clicando no enlace está unha mostra dese traballo.
AMERICAN LANDMARKS
E.S.O.
O
traballo “American Landmarks “ foi un traballo
colaborativo no que participaron a axudante de conversación destinada no
CPI Plurilingüe Tomás de Lemos, Terese Schireson, o alumnado de
secundaria, o profesorado tanto de inglés como doutras materias, e o
persoal non docente do centro. Cada persoa participante escolleu unha
“landmark” e elaborou un miniposter ( en papel e en formato digital).
Cos miniposters en formato papel realizouse unha exposición sobre un
gran mapa dos EUA no corredor do centro. Alén diso, vaise elaborar un
libro titulado “American Landmarks” en colaboración co Club de Lectura, de xeito que esté disponibel na bibioteca do centro. Asi mesmo, os posters en formato dixital estarán dispoñibeis na aula virtual e no blog do CPI.
https://docs.google.com/open?id=0B_97qTdpmfFUTjQxdHYwWV80UXM
libro titulado “American Landmarks” en colaboración co Club de Lectura, de xeito que esté disponibel na bibioteca do centro. Asi mesmo, os posters en formato dixital estarán dispoñibeis na aula virtual e no blog do CPI.
https://docs.google.com/open?id=0B_97qTdpmfFUTjQxdHYwWV80UXM
sábado, 2 de junio de 2012
viernes, 1 de junio de 2012
jueves, 31 de mayo de 2012
CONTOS PLURILINGÜES
CONTOS PLURILINGÜES
O
alumnado do CPI Plurilingüe Tomás de Lemos elaborou un conto por cada curso de
Primaria: 1º “Adventure in Veronza park”- “Aventura no parque da Veronza”; 2º
“Bella and her friends” – “Bella e os seus amigos”;3º “ Adventure in the forest”-
“ Aventura na fraga”; 4º “Flipi and her friends”- Flipi e os seus amigos”.
A
idea comezou, a proposta da mestra de inglés, de facer un protagonista para un
conto. Todo o alumnado creaba o seu protagonista real ou fantástico, logo
elixiuse un, que se situou nun entorno e logo foron engadíndose os demais.
Primeiro
a creación foi oral, en lingua inglesa e galega, logo escribiuse en inglés con
ilustracións e na parte traseira de cada páxina en lingua galega e castelá.
Posteriormente
pasouse a crear a presentación engadindo o sons coas voces do alumando.
O día
23 de abril, co gallo do Día do Libro, presentáronse os contos para todo o
alumando de Primaria da Alameda e os compañeiros do 1º ciclo do edificio da
Concentración.
O
alumnando da Concentración tamén recitou un poema.
E
ademais intercambiaron “Contos dunha frase”, o alumando da Alameda comezou a
frase e o debuxo nunha cartolina, que lle foi entregada aos seus compañeiros da
Concentración para que remataran.
O día
16 de maio, co gallo das Letras Galegas, presentáronse os contos en galego para
o alumnado de E. Infantil, que tamén representaron un poema do autor, Valentín
Paz Andrade.
SPRING
SPRING MURAL
Para a elaboración do mural da entrada, do edificio da Alameda,
participou todo o seu alumnado, cada nivel levou a cabo unha parte. O
alumnado de 3 anos creou o sol, os de 4 as nubes e pingas, os de 5 o
arco da vella; os de 1ºA a herba e 2ºA, 3ºA e 4ºA elaboraron a margarita cos seus pétalos, en cada un hai un refrán empregando os tres idiomas (galego, castelán e inglés) coas ilustración correspondente.
viernes, 25 de mayo de 2012
EASTER
EASTER
Para a celebración da Pascua o alumnado realizou un mural conmemorativo, coa axuda da nosa Auxiliar de Conversa, e na materia de Plástica elaboraron ovos móbiles, o alumnado do 2º ciclo e cestas para agasallo o alumnado do 1º ciclo., tamén coa súa axudo creamos presentacións para repasar vocabulario e accións.
O alumnado do 3º ciclo participou nun concurso-exposición de decoración de ovos.
O alumnado do 3º ciclo participou nun concurso-exposición de decoración de ovos.
martes, 22 de mayo de 2012
SAINT PATRICK
SAINT PATRICK
O alumnado do 1º Ciclo para a celebración da festa de San Patricio ademais de elaborar un sombreiro típico, coa correspondente presentación coas instrucións, tamén participou no mural. Pódese ver este traballo a continuación.
CHINESE DRAGON
TO MAKE A CHINESE DRAGON
O alumnado do 1º Ciclo na sesión de plástica co gallo do Entroido elaborou un dragón chinés. Realizando logo unha presentación coas instrucións.
ENTROIDO NA ALAMEDA
Na semana previa ao Entroido o alumando do
edificio da Alameda seguiu os mandadiños da nosa mascota
Tomasa:
O
luns un calcetín de cada cor
O
martes algo na cintura
O
mércores algo no pescozo
O
xoves algo na cabeza, e
O
venres todo o conxunto e o disfrace xa terás.
Tamén
elaboraron murais e caretas.
Na
seguinte galería de fotos pódese ver como rematou esta festa de
Entroido
VALENTINE'S DAY
lunes, 21 de mayo de 2012
PEACE'S DAY
PEACE'S DAY
Para
a conmemoración do Día da Paz no edificio da Alameda elaborouse un mural
conxunto, cada nivel creou un símbolo relacionado coa Paz que logo pegaron
formando un arco da vella, co lema "A Paz é necesaria". Lema tamén da canción
que se cantou no patio, unha adaptación creada e ensaiada pola profe de música
en colaboración cos titores.
Pódese
ver unha mostra no seguinte enlace:
WE AND OUR SCHOOL
WE AND OUR SCHOOL
Durante os meses de novembro e decembro o alumnado do 2º Ciclo preparou unha presentación do colexio e deles para intentar un intercambio por e-mail cun colexio de Philadelphia, coa axuda da nosa Auxiliar de convera. A continuación vemos os traballos.
domingo, 20 de mayo de 2012
THANKS GIVING
THANKS GIVING
Para celebrar o día de Acción de Gracias, que os ingleses celebran o terceiro xoves de novembro, o noso alumnado elaborou unhas tarxetas e murais coa axuda da nosa Auxiliar de Conversa, que lles amosou como se celebra esta festa no seu país.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







