martes, 22 de mayo de 2012

VALENTINE'S DAY

VALENTINE'S DAY
Para celebrar Día de San Valentín o alumando do 1º Ciclo, na materia de Plástica, e coa axuda da nosa Auxiliar de Conversa, realizou tarxetas con forma de corazón e cunha mesaxe en lingua inglesa, algo moi típico nos países de fala inglesa. Logo colocáronse nun mural en cada aula.



lunes, 21 de mayo de 2012

PEACE'S DAY

PEACE'S DAY
Para a conmemoración do Día da Paz no edificio da Alameda elaborouse un mural conxunto, cada nivel creou un símbolo relacionado coa Paz que logo pegaron formando un arco da vella, co lema "A Paz é necesaria". Lema tamén da canción que se cantou no patio, unha adaptación creada e ensaiada pola profe de música en colaboración cos titores.
Pódese ver unha mostra no seguinte enlace: 

WE AND OUR SCHOOL

WE AND OUR SCHOOL
Durante os meses de novembro e decembro o alumnado do 2º Ciclo preparou unha presentación do colexio e deles para intentar un intercambio por e-mail cun colexio de Philadelphia, coa axuda da nosa Auxiliar de convera. A continuación vemos os traballos.




  



domingo, 20 de mayo de 2012

THANKS GIVING

THANKS GIVING
Para celebrar o día de Acción de Gracias, que os ingleses celebran o terceiro xoves de novembro, o noso alumnado elaborou unhas tarxetas e murais coa axuda da nosa Auxiliar de Conversa, que lles amosou como se celebra esta festa no seu país.

WINTER-CHRISTMAS

CHRISTMAS
Como traballo para o mes de Nadal o alumnado realizou en plástica un cracker típico da cultura inglesa e un tutorial coas ordes para levalo a cabo. Tamén se elaborou o mural de inverno, nas linguas empregadas no colexio, tamén se participou na creación de tarxetas.

To make a cracker - foto montaje

martes, 15 de mayo de 2012

Outono-Otoño-Autumn

Outono-Otoño-Autumn
Durante as clases de plástica no mes de setembro e outubro elaborouse o mural do Outono, e exposición de froitos. Fíxeronse carteis nas tres linguas traballadas e aproveitouse tamén para repasar vocabulario.


Halloween

HALLOWEEN

Facendo clic nos seguintes enlaces pódense ver as actividades levadas a  cabo para celebrar esta festa.

https://docs.google.com/document/d/1-5cBUWXwnSOR2ACUd0tx4Pxo43Rhdqi0qkBgxYrZ7rM/edit

https://docs.google.com/present/edit?id=0Af97qTdpmfFUZGtxZnNyd18xMmZiemhwNmc5