jueves, 31 de mayo de 2012

SPRING

 SPRING MURAL


 Para a elaboración do mural da entrada, do edificio da Alameda, participou todo o seu alumnado, cada nivel levou a cabo unha parte. O alumnado de 3 anos creou o sol, os de 4 as nubes e pingas, os de 5 o arco da vella; os de 1ºA a herba e 2ºA, 3ºA e 4ºA elaboraron a margarita cos seus pétalos, en cada un hai un refrán empregando os tres idiomas (galego, castelán e inglés) coas ilustración correspondente.







viernes, 25 de mayo de 2012

EASTER

EASTER
Para a celebración da Pascua o alumnado realizou un mural conmemorativo, coa axuda da nosa Auxiliar de Conversa, e na materia de Plástica elaboraron ovos móbiles, o alumnado do 2º ciclo e cestas para agasallo o alumnado do 1º ciclo., tamén coa súa axudo creamos presentacións para repasar vocabulario e accións.
O alumnado do 3º ciclo participou nun concurso-exposición de decoración de ovos.


martes, 22 de mayo de 2012

SAINT PATRICK

SAINT PATRICK
O alumnado do 1º Ciclo para a celebración da festa de San Patricio ademais de elaborar un sombreiro típico, coa correspondente presentación coas instrucións, tamén participou no mural. Pódese ver este traballo a continuación.

CHINESE DRAGON

TO MAKE A CHINESE DRAGON 

O alumnado do 1º Ciclo na sesión de plástica co gallo do Entroido elaborou un dragón chinés. Realizando logo unha presentación coas instrucións.


ENTROIDO NA ALAMEDA

Na semana previa ao Entroido o alumando do edificio da Alameda seguiu os mandadiños da nosa mascota Tomasa:

O luns un calcetín de cada cor

O martes algo na cintura

O mércores algo no pescozo

O xoves algo na cabeza, e

O venres todo o conxunto e o disfrace xa terás.

Tamén elaboraron murais e caretas.

Na seguinte galería de fotos pódese ver como rematou esta festa de Entroido

VALENTINE'S DAY

VALENTINE'S DAY
Para celebrar Día de San Valentín o alumando do 1º Ciclo, na materia de Plástica, e coa axuda da nosa Auxiliar de Conversa, realizou tarxetas con forma de corazón e cunha mesaxe en lingua inglesa, algo moi típico nos países de fala inglesa. Logo colocáronse nun mural en cada aula.



lunes, 21 de mayo de 2012

PEACE'S DAY

PEACE'S DAY
Para a conmemoración do Día da Paz no edificio da Alameda elaborouse un mural conxunto, cada nivel creou un símbolo relacionado coa Paz que logo pegaron formando un arco da vella, co lema "A Paz é necesaria". Lema tamén da canción que se cantou no patio, unha adaptación creada e ensaiada pola profe de música en colaboración cos titores.
Pódese ver unha mostra no seguinte enlace: