jueves, 13 de mayo de 2010

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO
Co gallo da celebración do Día do Libro, no colexio íase facer unha exposición de libros e materiais escolares antigos e curiosos, polo que decidimos aproveitar isto e xuntalo co noso traballo do seminario sobre a lectura comprensiva.
Os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de primaria elaboraron pequenos libriños nos que ían recollendo o vocabulario de cada unidade. Unha vez rematado o correspondente traballo da unidade creábase o libriño, no que se recollía o vocabulario estudado, aparecendo ilustración e palabra.
Segundo o nivel a ilustración era dada e a palabra guiada ou era todo creación deles.
A continuación podedes ver na galeria de imaxes algunha mostra desta tarefa.







No hay comentarios:

Publicar un comentario