jueves, 31 de mayo de 2012

CONTOS PLURILINGÜES


CONTOS PLURILINGÜES
O alumnado do CPI Plurilingüe Tomás de Lemos elaborou un conto por cada curso de Primaria: 1º “Adventure in Veronza park”- “Aventura no parque da Veronza”; 2º “Bella and her friends” – “Bella e os seus amigos”;3º “ Adventure in the forest”- “ Aventura na fraga”; 4º “Flipi and her friends”- Flipi e os seus amigos”.
A idea comezou, a proposta da mestra de inglés, de facer un protagonista para un conto. Todo o alumnado creaba o seu protagonista real ou fantástico, logo elixiuse un, que se situou nun entorno e logo foron engadíndose os demais.
Primeiro a creación foi oral, en lingua inglesa e galega, logo escribiuse en inglés con ilustracións e na parte traseira de cada páxina en lingua galega e castelá.
Posteriormente pasouse a crear a presentación engadindo o sons coas voces do alumando.
O día 23 de abril, co gallo do Día do Libro, presentáronse os contos para todo o alumando de Primaria da Alameda e os compañeiros do 1º ciclo do edificio da Concentración.
O alumnando da Concentración tamén recitou un poema.
E ademais intercambiaron “Contos dunha frase”, o alumando da Alameda comezou a frase e o debuxo nunha cartolina, que lle foi entregada aos seus compañeiros da Concentración para que remataran.
O día 16 de maio, co gallo das Letras Galegas, presentáronse os contos en galego para o alumnado de E. Infantil, que tamén representaron un poema do autor, Valentín Paz Andrade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario